Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

sábado, 27 de novembro de 2010

A fotografía que nunca farei

Esfarrápase o vapor no vao das beiras
en azul contra a foz do fundo, mentres
os cans, distraídos, levantan o voo
das garzas alertas, que grallan
agora dolorosamente e imitan,
suspensas de materia grave, follas
aínda tersas que regresasen ao abrigo
das pólas impúdicas dos amieiros,
indultadas, así, á putrefacción,
prontas para máis unha vida,
para máis outra morte.