Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

quinta-feira, 11 de novembro de 2010

Dilixencia para dúo de araña e xente

Matino pola araña que teño sobre
a cabeza o que ela nin matinar soña
e conto os fíos que tece como se
contase, un menos un, os días
que minguan, sen alimento,
bicho-poema (o veleno á espreita),
que levar á boca ante a estratexia
calidoscópica dos ollos atentos
da única mosca aínda viva.
Propóñolle abrir as ventás
desta casa sen horas certas.
Que corra o ar e as moscas.
Nada responde, resérvase, outorga.


A araña está con fame
e desmaia sobre as palabras
o desespero. Coma min.