Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

segunda-feira, 6 de setembro de 2010

Dúas visións non-pre-vistas nunha terraza

Non-deja-vu un: infancia

Quería eu correr así
con toda a felicidade dun grito breve,
os ollos abertos coma homo-pratos
cara á muller que le poemas
mentres ti contas arrimado ao chopo
perseguindo de esguello (un,
dous, tres...) os meus pasos alados.

(...dezanove, vinte!)
E que non houbese agocho
en que me non atopases.


Non-deja-vu dous: madurez

Hai homes que camiñan de brazos
en arco e separados do corpo,
como se o seu corpo precisase
de roubar o espazo aos outros.
Son eses mesmos homes que camiñan
(sen mirar para a muller que le)
de pés para fóra en ángulo
digamos que agudo co seu pene.

Non hai estrada larga
que lles chegue.