Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

terça-feira, 19 de abril de 2011

Unha mazá

Ou talvez comer unha mazá
(que o ar recende á terra
mollada e á herba acabada
de cortar) e en canto trinque
cos dentes a casca e o acedo
zume me alague a lingua,
talvez, digo, talvez, nas veas
flúa a lembranza do que non foi.

Sem comentários: