Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

sexta-feira, 24 de dezembro de 2010

E baixe o pano...

Sobre un proxecto frustrado que se funda?
E sobre esta penumbra que tolda os diálogos?
Sobre a urxencia sometida á presión dos entreactos?
Sobre o silencio oculto tras fonemas vacuos?
(U-lo apuntador que non responde
cando o chamo ao meu auxilio?)

Non hai papel que nutra
a caldeira rebentada do drama.
Escoan ácidos os excesos de impudor
e xa o público se nega ao desenlace.
De nada serve reclamar a devolución
dos cartos á farsa mal representada:
o fracaso permanece no sangue
e pinga.