Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

segunda-feira, 6 de dezembro de 2010

Advento

Pasarei polo nadal como
se non existise (eu?, deus?):
un día igual ao outro día,
igual ao que ha de vir
(e son todos tan distintos!)
lámpadas led na partilla equitativa
dos afectos envurullados em papel de cores
e fitas vermellas que me prenden os pés
a un abeto de plástico verde.

Pasará por min o nadal como
se non existise (deus?, eu?).
Talvez mañá neve no presebe estrelas,
un sinal da cruz e unha bóla de vidro
dourado escache á luz da candea
derradeira do advento. Nos anacos
que o chan retén cortarei os pés
reberetados de fitas vermellas,
sen un grito, sen remorsos.

Ninguén me procure submetida
á sonora agresión das panxoliñas.