Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

segunda-feira, 2 de agosto de 2010

Tras o paseo cotián da atardecida

Agoiro a derrota na cegueira das solas
gastas das botas que enfrontan
o solpor tripando na estrada abrasada.

Regreso calcando no rastro antigo
cos pés en carne esmorecida,
vertendo folgos ao ar que me sustenta.

Non me asoma aos ollos o sorriso
cando saúdo os pasaxeiros
con que comparto a brisa da maré subindo.


(Tranquei a porta da casa
para lamber en soidade a sombra fértil
e as migallas dunha ausencia.)