Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

sexta-feira, 23 de julho de 2010

No mar alto...

Quen porfía en nadar sobre o mar alto
cando á vista non hai terra
nin boia
en que afincarse
e no horizonte asoman
os vestixios do naufraxio
indefectible?

Quen non se abandona ao abandono
cando fallan as forzas
e no fundo
sen fin das tebras
hai unha serea que pregoa
a bondade acolledora
da branda area?

Non quebres co teu canto a codia
escamenta que me esmaga
a ansia
de máis unha brazada ao nada.
Non a escaches. Baixo a cotra
irisada das palabras
hábitame o baldío
oco da renuncia.