Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

domingo, 28 de março de 2010

Química

Agacha ao pé dela
para procurar nun vinilo ―dixo― unha lembranza
que lhe quere mostrar.

Entón coma quen non quere a cousa
querendo
agarímaa cunha man que se distrae
do dedillar polo andel da outra.

Gosto do cheiro do teu cabelo ―sentencia.

Manda truco, este fulano
―inspira ela, contrita toda―,
cativo do que non é meu en min,
prendeume agora a unha marca de xampú.

Sem comentários: