Tudo depois da poesia é uma merda.
Ademar Santos

segunda-feira, 28 de dezembro de 2009

Vento

Está o chan estrado
de paraugas rotos,
como aves,
cadáveres,
o voo truncado
polas avenidas.

No ar, unha invasión
de follas mortas
que se cren paxaros,
e gallas esgazadas
polo chan,
a liberdade breve.

E eu sen asas que perder...

terça-feira, 22 de dezembro de 2009

Túrbido sangue

Non paga a pena remoer
nos imposibles.
Píngame o corazón tinta e
nin sequera é vermella,
só cinza a toldar as bágoas
que flúen latexando
polas corgas que labrou
a tenrura
inventada.